A piscina de Porto do son ofrece matrícula gratuíta durante este verán

    PORTO DO SON> O Concello de Porto do Son comeza unha campaña para a captación de usuarios para a próxima temporada da nova piscina municipal. Os que se apunten durante este verán desfrutarán de matrícula gratuíta. As novas instalacións deportivas municipais, ubicadas na zona da Tarela, levan abertas desde o mes de maio, mantendo desde entón as xornadas de portas abertas. Agora, aqueles que desexen facerse usuarios da piscina a partir de setembro, poderán beneficiarse dunha nova campaña de captación de usuarios. Os beneficiados aforrarán unha matrícula que terá un importe de 30 euros. Unha instalacións que, ademáis da piscina, ofrece numerosas actividades deportivas. A partir de setembro o prezo da cota mensual será de 29,90 euros, para os máis mozos dezanove, ao igual que para os maiores de 65. Haberá tamén un abono familiar co que só se engadirán 3 euros polo cónxuxe, e un euro por cada fillo menor de dezaoito.