Pese á negativa da oposición o Goberno agarda poder aprobar os orzamentos antes de finais de ano

Pontevedra> A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá os orzamento definitivo do concello de Pontevedra. Son finalmente 72,9 millóns de euros, unhas cifras que sufriron notables cambios dende a presentación do borrador. Estas contas irán previsiblemente á pleno entre o 15-16 deste mes. E pese a negativa de todos os partidos políticos o concelleiro de Facenda insiste e que tentarán aprobalos por todos os medios. 

 

A xunta de Goberno local ven de aprobar o orzamento definitivo do concello de Pontevedra para o 2017 con 72.9 millóns de euros. Un orzamento do que xa se lle fixo entrega á oposición e que sufríu notables cambios dende a presentación do borrador. 

Tamén se introduciron numerosas variantes destinadas ao investimento. Unhas contas que irán previsiblemente a pleno o 15-16 deste mes. Pese a que as negociacións están pechadas e a oposición votará non a estes orzamentos dende o concello agardan poder aprobalos antes de finais de ano. 

Se non chega a un acordo o día 1 de xaneiro comezaría a prórroga dos orzamentos deste 2016. E chegados a este punto, dende o Goberno valoraría a posibilidade de presentar unha moción de confianza. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/orzamentos_definitivos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/orzamentos_definitivos.mp4{/flowplayer}