O Goberno Local pasa páxina ao caso Cespa que xa foi arquivado

Pontevedra> O xulgado número 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de arquivar a investigación polos supostos enchufes do Goberno Local na empresa Cespa. Unha decisión firme que pon punto e final a esta causa. Esta mañá o concelleiro de Réxime Interior dixo que unha vez máis se amosa que o Goberno Local está coa cidadanía e non co código penal. 

 

O concello pasa páxina no caso Cespa. Lembramos que o alcalde e varios concelleiros do Goberno Local estaban involucrados neste asunto por supostos enchufes do Goberno na empresa Cespa. Agora o tribunal superior de Xustiza ven de arquiva esta causa ao non atopar indicios de delito. 

O concelleiro de Réxime Interior dixo unha vez máis que a xustiza pon a cada un no seu lugar e que dende a oposición deberían ser sempre máis cautos ao falar de asuntos vecenllados co código penal. Antes esta decisión do Tribunal Superior de Xustiza dende as filas populares lamentaron este venres tras coñecerse esta nova que o Auto deixa constancia que a política de contratación da concesionaria funcionaba en base a recomendacións, unha práctica que non é constitutiva de delito, pero si reprobable politicamente. Ao que Legísima respostou que lle parece lamentable estas declaracións onde claramente están realizando unha lectura sesgada que non ten nada que ver coa realidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/arquivado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/arquivado.mp4{/flowplayer}