O saneamento do río Gafos será unha realidade antes de finais de ano

Pontevedra> Esta mañá celebrouse a mesa de contratación para o saneamento do Río Gafos. Un traballo ao que optan 18 empresas cun investimento de un millóns 126 mil euros. O obxectivo desta obra é o de mellorar e incrementar a capacidade de colectar no percorrido que transcorre en pararelo ao río Gafos. Uns traballos que comezarán en na estación de autobuses ata Alcalde Hevia. Hoxe celebrouse a mesa de contratación para o río Gafos, uns traballos aos que optan 18 empresas e que conta cun investimento de un millón 126 mil euros. 17 das 18 empresas que se presentaron contemplan dúas melloras unha delas que vai dende a estación de autobuses ata a Avenida de Vigo e a outra que vai dende a Avenida de Vigo ata Alcalde Hevia. Os traballos de saneamento comezarían polo tanto en Vilaboa e irían ata Alcalde Hevia. Nos vindeiros días examinaranse as ofertas económicas presentadas e procederase a adxudicar a obra. O prezo ofrecido oscila entre os 729 mil euros de Viaqua ao millóns 6 mil euros da empresa con maior puntuación nesta primeira fase, de COVSA. Dende o concello agardan rematar os traballos antes de finais deste ano. En relación a outro asunto o voceiro do Goberno tamén falou da liquidación do orzamento do 2016, unhas cifras chegaron a máis de 82 millóns de euros e que segundo Raimundo amosan a solvencia do concello de Pontevedra que non ten practicamente débeda e e conta con remanente de tesourería. O grado de execución do orzamento no 2016 foi do 87,87 por cento e do orzamento investido executado do 75.76 por cento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/13/saneamento_gafos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/13/saneamento_gafos.mp4{/flowplayer}