Pontevedra estuda se a praza Marqués de Valterra homenaxea a un alto cargo do franquismo

PONTEVEDRA> Pontevedra tamén avanzará na eliminación dos restos do franquismo no seu rueiro. En concreto, o goberno local fixou a súa atención na praza do Marqués de Valterra, en Estribela. Está a estudar a procedencia da denominación, para comprobar se o nome está relacionado con Pascual Díez de Rivera e Casares, quen fora responsable da política social de pesca durante a ditadura.

O concello de Pontevedra quere saber se o Marqués de Valterra que dá nome a esta praza de Estribela é Pascual Díez de Rivera e Casares, quen tivera responsabilidades políticas na ditadura franquista.

Os estudos están no seu momento inicial. O concello traballa na busca de arquivos e na recollida de testemuños para coñecer a procedencia desta denominación. A súa intención é avanzar na eliminación dos restos da ditadura franquista do rueiro pontevedrés.

Neste camiño, o executivo local estudará tamén a retirada das distincións municipais a altos cargos da época franquista.

Gulías apuntou que o goberno manterá reunións con asociacións da memoria e con todos os partidos da corporación municipal para continuar este traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí