O BNG do Barbanza únese á loita contra a pobreza enerxética

    RIBEIRA> O Bloque Nacionalista Galego da comarca do Barbanza reclama ás administracións públicas que garantan o subministro eléctrico das persoas sen recursos, así como unha tarifa eléctrica galega. Esta mañá anunciaron que as distintas agrupacións da comarca están presentando mocións a este respectos nos seus concellos.

     

     

     Os nacionalistas do Barbanza únense á loita contra a pobreza enerxética, un tema tristemente de actualidade e que padecen milleiros da familias En Galicia 700.000 persoas están en risco de exclusión social, incrementándose nos últimos anos os fogares nos que se producen cortes de luz por non poder pagar un recibo, segundo apuntan, cada vez máis elevado, Algo que desde o BNG consideran que se debe a motivos políticos. Ademais, os nacionalistas apuntaron esta mañá que Galicia é un país excedentario en produción de enerxía eléctrica, o que os leva a presentar dúas solicitudes moi concretas ás corporacións municipais da comarca, para tentar mellorar esta problemática. Esta moción aprobouse xa por unanimidade nos concellos da Pobra e de Rianxo, e será presentada no vindeiro pleno municipal tanto en Boiro como en Ribeira. O alcalde de Rianxo engadiu que o seu concello rescindirá os contratos que teña con aquelas empresas que corten o subministro a calquera veciño por non poder facer fronte ó pago do mesmo. Muíños destacou a labor de novas cooperativas que están a xurdir e que teñen un comportamento máis ético e respectuoso co medio ambiente.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/bng_barbanza_pobreza_enerxetica_071220161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/bng_barbanza_pobreza_enerxetica_07122016.mp4{/flowplayer}