RIANXO> Rianxo solicitaralle á familia Baltar a volta da imaxe da Guadalupe, obra de Asorey, ó dique da praia de Tanxil. A imaxe foi retirada pola familia Baltar no ano 2005, ó parecer por unhas desavinzas co propio Concello e coa Demarcación de Costas.
No pleno a corporación municipal aprobou a proposta de alcaldía para demandarlle á familia Baltar a volta da imaxe da Virxe da Guadalupe realizada polo escultor Francisco Asorey, ó dique da praia de Tanxil. Emprazamento do que fora retirado no ano 2005 por unhas desavinzas mantidas ó parecer co Concello e a Demarcación de Costas.
O alcalde confía en que a familia Baltar reconsidere a súa postura e devolva a imaxe ó lugar, do que, segundo el, nunca debeu saír.