O cribado aos traballadores municipais descarta novos positivos no Concello de Boiro

BOIRO> Ningún positivo mais. Dos 50 traballadores municipais do concello de Boiro que se someteron onte ás probas PCR, todos deron resultado negativo. Por esta razón a atención ó público na casa consistorial retomarase o vindeiro luns. Tódolos departamentos volverán ese día a actividade presencial, que será do 50% do persoal nas dependencias municipais e o outro 50% teletraballando dende as súas casas, para minimizar así os contactos e reducir as posibilidades de contaxio. Ademais dende o Concello recoméndase a tódalas persoas que precisen facer trámites que o fagan empregando os medios telemáticos ou telefónicos e que só acudan ás dependencias municipais en casos de urxencia e con cita previa. A día de hoxe a evolución dos cinco positivos segue a ser favorable. Todos continúan estables, gardando illamento nos seus domicilios baixo control sanitario. O único que segue ingresado é o alcalde, José Ramón Romero, aínda que o seu estado é hoxe de relativa melloría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí