“Defraudador será o concello, non o que ten un coche vello”

    BOIRO> Veciños de Boiro crean unha plataforma de Afectados polo cobro do imposto de rodaxe ós vehículos de máis de 25 anos. Un cambio de normativa por parte do concello obrigará a pagar este imposto ós coches antigos, algo do que estaban exentos ata o de agora.  

     

     

    É parte do comunicado que leron os membros da nova Plataforma IVTM Boiro, creada por veciños boirenses afectados polo imposto de circulación a vehículos con máis de 25 anos. A plataforma considera inxustificado que o executiva queira retirar a exención da que desfrutaban ata o de agora, e que segue vixente na maioría dos concellos da zona. Consideran que a exención non é un privilexio, senón un dereito que a Lei de Facendas Locais lle recoñece. E non comparten o argumento do concello, quen afirma que é unha decisión debida a criterios medio ambientais. Desde a plataforma están dispostos a chegar a onde sexa para conseguir eliminar o que consideran un abuso tributario. Para comezar, este venres día 8, organizarán unha ruta contra a rodaxe a vehículos clásicos, que sairá ás once e media da mañá do Peirao de Cabo de Cruz, e circulará por distintos puntos do municipio.