As confrarías da Ría de Arousa unidas na defensa da súa seguridade

    AGUIÑO> As confrarías da Ría de Arousa, ó completo, esixen modificacións na normativa dos cabalos permitidos nos motores de foraborda. Os patróns reuníronse para tomar medidas conxuntas tralo conflito acontecido en Aguiño a semana pasada.  

     

     

     

     A Garda Civil abriu un expediente a catro embarcacións por ter motores cun cabalaxe superior ó que se permite por lei, motivo que que deu lugar á reunión celebrada esta semana en Rianxo e á que asistiron os patróns maiores das 12 confrarías da Ría de Arousa. A inquietude dos patróns débese a que hai lanchas de marisqueo que están na mesma situación para mellorar a seguridade no mar. Á asamblea, ademáis do patrón de Aguiño, asistiron os patróns de Ribeira, A Pobra, Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados e Vilanova. Entre todo acordaron tamén solicitar unha entrevista co presidente da Federación de Confrarías de Galicia e a conselleira de Rosa Quintana. Aínda que é un conflito que vén de lonxe, os mariscadores están dispostos a chegar onde faga falta para poñerlle solución. Para eles é unha cuestión vital, xa que o seu traballo diario depende de poder saír ó mar, e facelo, cunhas garantías de seguridade.

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/reunion_patrons_ria_arousa_071220161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/reunion_patrons_ria_arousa_07122016.mp4{/flowplayer}