POBRA> Como vén sendo habitual, este Nadal Papá Noel visitará porta por porta a tódolos rapaces e rapazas do mundo. Pero este ano, os de Ribeira, A Pobra e Boiro, teñen agasallo asegurado, directamente chegado desde Laponia. O Centro Comercial Aberto Deán da Pobra sorprende una ano máis coa súa campaña de nadal, que este ano leva por nome “De Laponia á túa casa”.
Un obxectivo claro.
Unha misión complexa
Pero por sorte finalmente….
“De Laponia á túa casa”, é a campaña que para esta Noiteboa nos presentan as tendas do Centro Comercial Aberto Deán da Pobra. Pero…que temos que facer para que Papa Noel nos visite cos encargos que lle fagamos das tendas do Deán? Moi sinxelo. Os que desexen adquirir un vale para Papa Noel , pode adquirilo desde mañá sábado e ata o día 22 en tódolos comercios e locais membros do Deán. Pero esta campaña tamén é solidaria, e pensa naqueles nenos, que por algún motivo, o ano pasado non recibiron a visita de Papá Noel.Papá Noel fará os repartos desde as sete e media de tarde ata ás dúas e media da madrugada, do 24 ó 25. Unha iniciativa, na que colabora tamén o Concello da Pobra, e que axudará a que en tódalas casa do Barbanza esta Noiteboa se viva o espírito do Nadal.