POBRA> Puebla e Coruxo mediranse este próximo domingo na 45 edición do Trofeo Conde de Fenosa. O encontro disputarase ás sete da tarde no municipal da Alta.
Este vindeiro domingo o municipal da Alta acollerá a 45 edición do Trofeo Conde de Fenosa, unha das competicións estivais máis senlleiras das que se celebran na comarca. Nesta ocasión os equipos que disputarán este encontro serán o club anfitrión, o Puebla Fútbol Club, que milita na categoría Rexional Preferente, no grupo norte, e o Coruxo Fútbol Club, equipo que milita na 2ª División B.
O Puebla chega a este partido con moita ilusión, despois de quedar eliminado en cuartos de final da Copa Deputación. Nesta ocasión enfrontarase a un rival, a priori, superior como é o Coruxo. O encontro arrancará as sete da tarde.