Mariscadores ilegais agreden a dous vixilantes do pósito rianxeiro

RIANXO> Novo enfrontamento esta pasada fin de semana entre furtivos e vixilantes. Esta vez en Rianxo. Tres mariscadores ilegais enfrontáronse ós gardapescas do pósito cando estes lles intentaron retirar o marisco. Foi necesaria a intervención da Policía Local.

Segundo explicou o o propio patrón maior rianxeiro nas últimas semanas estase a notar un novo repunte no furtivismo nas súas concesións. A situación vese agora ademais agravada pola violencia que estes exercen contra os vixilantes do pósito como acontecía esta pasada fin de semana.

As medidas que se toman dende a Administración son insuficientes…

Non lonxe de alí, en Cabo de Cruz, a actividade dos furtivos tamén e alta. Os vixilantes día si e día tamén intentan por tódolos medios poñerlle coto, logrando recuperar no último mes uns cincocentos quilos de marisco recollido de xeito ilegal dos seus areais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí