Este Nadal elixe o comercio local e quédate na Pobra

    POBRA> Este Nadal elixe o comercio local. É o lema co que a Asociación de Empresarios da Pobra quere promocionar a súa campaña de Nadal deste ano. Un total de 2.500 euros en vales de compra é o reclamo para que estas festas elixas a Pobra para as túas compras de Nadal.     

      

    Para que marchar en busca dos agasallos de Nadal se podes atopalos ó lado da túa casa? É o que queren transmitir os comerciantes da Pobra, premiando ós seus clientes habituais por quedar na vila e confiar neles para mercar todo o necesario para estas festas. Desde o concello da Pobra apoian a campaña “Este Nadal elixe o comercio local”, e esta mañá durante a súa presentación destacaron a importancia de facelo. A asociación de empresarios e comerciantes da Pobra repartirá 2.500 euros en vales entre os consumidores que realicen as súas compras nos 43 establecementos, tanto tendas coma locais hotaleiros, que participan na campaña. O alcalde pobrense animou ós veciños e veciñas a quedar na Pobra durante este Nadal, non só para facer as compras senón para gozar das diversas actividades que haberá na vila. A campaña comeza este xoves día 15 e prolongaráse ata o mesmo 5 de xaneiro, o Día da Cabalgata de Reis.