Ana Peleteiro, de promesa a realidade na elite mundial do Triple Salto

RIBEIRA> Tras acadar a medalla de bronce no Mundial de Atletismo de Birminghan, Ana Peleteiro pasou uns días de descanso en Ribeira, a súa vila natal. Alí recibiu a un equipo de Canal Rías Baixas para falar da súa experiencia neste campionato no que se consagrou como a terceira mellor do mundo. Con tan só vinte e dous anos Ana Peleteiro fixo historia no atletismo español co bronce acadado no mundial de Birminghan. Pero o salto de 14, 40 que lle subiu ó podio non é froito da casualidade. Detrás están horas de interminable esforzo e traballo así como a vontade  de superación que a levou a deixar atrás un baixón na súa carreira para converterse nun referente do atletismo a nivel internacional, grazas en parte á confianza do seu adestrador Iván Pedroso. A pesar do éxito colleitado, Ana Peleteiro non se confía e continúa cos pés na terra. O obxectivo agora é seguir mellroando coa vista posta xa no campionato europeo que se celebrarán en agosto en Berlín. Orgullosa da súa medalla, Ana camiña con paso firme cara unha carreira, de seguro repleta de éxitos, que non fixo máis que comezar.