Os pais de Carril manteñen as protestas

    VILAGARCÍA> Segundo día de protestas no Colexio de Carril. Este mediodía os nenos volveron comer ás súas portas, demostrando o seu descontento coa dobre quenda implantada no comedor que reduce os tempos para xantar dos pequenos. Como novidade, algúns pais dos máis maiores si que deixaron aos seus fillos dentro, para comprobar o funcionamento deste novo sistema.

     

    Segundo día da dobre quenda no comedor do Colexio de Carril e segunda xornada de protestas dos pais. Ás portas do centro, repetiuse a imaxe de onte, cos pequenos apurando os seus almorzos.

    Esto no caso dos máis pequenos. Moitos pais dos maiores si que deixaron aos seus fillos dentro do comedor, para coñecer de primeira man o funcionamento do dobre turno que reducirá a pouco máis de 20 minutos o tempo para comer dos rapaces.

    Incluso consideran que estas présas á hora de comer poden ser prexudiciais para os seus fillos.

    Polo de momento, os pais non teñen pensado parar as protestas. Insisten en que a medida foi implantada da xeito unilateral pola Delegación Territorial de Educación.

    A pesares de que solicitaron que un pai estivera presente durante o xantar para comprobar a aplicación deste novo sistema, aínda non tiveron ningunha resposta por parte de Educación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/protesta_pais_carril_1312_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/protesta_pais_carril_1312.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí