O buque Abrente será historia

    abrente100.jpgVILAGARCÍA> Os restos do buque Abrente serán retirados do porto de Vilagarcía, nun prazo de dous meses. O rescate da embarcación adxudicaranse…

    … a unha empresa especializada. Así o asegurou hoxe o presidente da Autoridade Portuaria, tralo consello de administración do ente.

    O buque foi incautado pola Audiencia Nacional, hai oito anos, por un delito relacionado co tráfico de drogas. En 15 días licitaranse os traballos entre as empresas especializadas que presenten proxectos para retirar da auga, este buque.

    Será o dono da embarcación o que debe asumir os custos dos traballos. Si este non asume o importe das obras, subhastaranse os restos do Abrente, para pagar os traballos do rescate.

    O presidente da autoridade Portuaria abandonará o cargo, despois de que o novo goberno da Xunta tome posesión. O vindeiro presidente galeo designará como responsable do Porto a alguén da súa confianza. Pero antes de deixar o posto, Javier Gago deu conta das contas da Autoridade Portuaria no ano 2008. Unhas contas que o presidente da autoridade portuaria define como positivas.

    Gago asegura que, no ano 2008, moveuse un 5% menos de mercadoría, que durante o ano 2007. Un descenso que ven provocado pola parálise na construción. O que si aumentaron foron os movementos de mercadorías de caracter xeral. Un transporte que deixa unha marxe de beneficios máis ampla nas arcas do ente portuario.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/110309_rolda_gago.flv{/flowplayer}