Un ano máis poderás ser cómplice dos Reis Magos para axudar aos máis necesitados

Pontevedra> Un ano máis calquera de vostede pode ser o cómplice das súas maxestades os Magos de Oriente e cumprir o soño dos pequenos que máis o precisan. Dende o concello de Pontevedra volven a lanzar a campaña Xoguetes en Igualdade que busca achegar agasallos novos para os nenos usuarios de Servizos Sociais. 

 

O sorriso dos máis pequenos no Nadal é algo que non ten prezo, pois ben dende o concello volven a lanzar a campaña Xoguetes en Igualdade, unha iniciativa onde todo aquel que o desexe poderá ser cómplice dos Reis Magos e axudar a mercar un agasallo para todos os nenos usuarios dos Servizos Sociais.

Unha campaña que no pasado ano axudou a 432 nenos e nenas. Os interesados en ser cómplices dos Reis Magos poderán facelo indo en persoa a Casa da Luz para coñecer as cartas destes nenos ou inscribíndose en internet en envolvepontevedra@gmail.com. Unha xornada na que dende a concellería de benestar social tamén presentaron as cartas aos reis magos que dispensarán en todos os coles da cidade aos pequenos ata segundo de primaria. Unhas cartas que este ano contará cunha novidade moi especial. Unha mensaxe das súas maxestades os Magos de Oriente onde din claramente que non existen xoguetes de nenos e de nenas que os xoguetes son para todos iguais así que cada quen que pida o que máis lle gusta. 

Os pequenos poderán deixar as súas cartas nun buzón que dende esta fin de semana se habilitará na porta do concello para que as cartas cheguen de maneira urxente as súas maxestades. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/agasallo_solidario_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/agasallo_solidario.mp4{/flowplayer}