Lores: “Non imos a aprobar un orzamento con estas emendas nin de coña”

Pontevedra>  Cabreo considerable o que esta mañá tiña o alcalde de Pontevedra. Lores cree que a oposición está levando a cabo unha moción de censura encuberta co obxectivo de tumbar o seu Goberno. O rexedor pontevedrés ten claro que non vai a aceptar as 22 emendas aprobadas pola oposición na Comisión de Facenda esta mañá. Unhas emendas que segundo Lores teñen como fin destrozar o modelo urbano da cidade. 

 

Esta mañá tivo lugar no concello de Pontevedra a comisión de Facenda onde se presentaron as emendas aos orzamentos por parte da oposición. Das 34 emendas que había enriba da mesa aprobáronse 22. Isto significa que no pleno do vindeiro luns 19, onde irán os orzamentos do concello deben presentarse con estas 22 emendas. Un feito que ocasionou un gran cabreo ao alcalde pontevedrés. Lores falou esta mañá dunha moción de censura encuberta por parte da oposición. 

O alcalde ten claro que con este orzamento, que saíu esta mañá da comisión de Facenda coas 22 emendas aprobadas da oposición, non vai a presentar esas contas no pleno. 

Lores dixo esta mañá que a oposición, capitaneada polo Partido Popular, ten como obxectivo tumbar o modelo de cidade que eles defenden. O rexedor dixo que estas emendas teñen como fin destruír e non construír e que el non soporta os políticos que non buscan no interés xeral. 

O luns o Goberno Local presentará ao comezo do pleno o voto particular co fin de que os orzamentos que se leven na orde do día sexan os orixinais, é dicir, sen as emendas. Se a oposición vota en contra o Goberno ten claro non presentará estes orzamentos. Co cal a saída máis razoable, chegados a este punto, e que anunciou esta mañá o alcalde sería a prórroga dos orzamentos actuais. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/lores_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/lores_orzamentos.mp4{/flowplayer}