As festas de barrio máis populares

PONTEVEDRA> Música, gastronomía e diversión. Todo está listo para que este sábado arrinquen as festas de San Xosé. Unha celebración con actividades para todos os públicos na que non faltará o xantar tradicional de lacón con grelos e churrasco e a chocolatada popular.

Comeza a conta atrás para as festas de San Xosé. Un evento que celebra a súa terceira edición e que ofrecerá gran variedade musical. A Asociación Amigos de Campolongo levará a cabo, dende o sábado ata o martes, diversas actividades para todos os públicos.

Ademais, como non podía ser doutra forma, tampouco faltará a gastronomía. Todos os días de festa haberá varios foodtrucks, e o martes 19, o día de San Xosé, está programado o xantar tradicional de lacón con grelos e churrasco e a chocolatada popular.

Unhas festas nas que o máis importante é a diversión e o descanso dos veciños.

Música, obradoiros, xogos infantís, citas lúdico-deportivas e gastronomía. Todo está listo para que Campolongo celebre as súas festas de barrio.