POIO> Dous días despois de que o Concello de Poio criticase á Xunta pola falta de investimento na PO308, hoxe a Conselleira de infraestruturas visitaba a estrada para poñer en valor as obras que está a face-la Xunta nalgún dos seus treitos. Ethel Vázquez destacou que o goberno galego está a investir 1,7 millóns de euros nunha intervención que actuará sobre preto de 2 quilómetros.
O pasado mes de xaneiro, a consellería de infraestruturas comezo as obras do proxecto de mellora da mobilidade peonil da PO 308 no tramo entre a Fontenla e Combarro, no concello de Poio. A intervención, cun orzamento de 1,7 millóns de euros, permitirá actuar nun tramo de preto de 2 quilómetros.
Esas actuacións complementarias teñen que ver coa construción de dúas rotondas, o mobiliario urbano, as luminarias ou as marquesiñas. Aproveitando a intervención da xunta, o concello tamén está renovando as canalizacións da zona.
A visita ás obras tivo lugar dous días despois de que o concello de Poio criticase á Xunta polos seus investimentos na PO -308. Unha das principais demandas do goberno local é que se actúe no tramo entre a Porteliña e A Barca. A consellería sinalou que para desenvolver proxecto é necesaria a colaboración e non a crítica. Pola súa banda o concello tendeu a man a chegar a acordos.
Á marxe do que aconteza no futuro co tramo entre a Porteliña e a Barca, as obras entre Combarro e a Fontela teñen un prazo de execución de 18 meses, co que se agarda que se rematen no verán do 2024.