![]()
Pontevedra> Cabreo do alcalde e sorpresa da oposición. PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos coinciden ao afirmar que o alcalde non se deu aínda conta de que Goberna en minoría e que ten que pactar para sacar adiante estes orzamentos. A oposición aprobaría as contas que esta maña saíron da Comisión de Facenda coas 22 emendas. Un orzamentos que non sairán adiante porque o Goberno ten claro que non as levará a pleno.
Nunha das cousas que coinciden por parte da oposición é en afirmar que o actual Goberno do BNG non asume que non conta coa maioría absoluta para poder aprobar todo o que decidan, co cal que precisa dialogar e chegar a un bo entendemento coa oposición para poder aprobar, por exemplo, os orzamentos. Dende a oposición negan que exista calquera tipo de acordo entre estas forzas para tumbar os orzamentos. O PP cualificou a actitude de Lores de vitimismo político.
Dende as filas socialistas retan ao alcalde a facer un cara a cara cun moderador e diante dos veciños de Pontevedra co fin de analizar o orzamento do BNG e as emendas do PSOE. Cree que Lores é un neno mimado e que debe abrir máis as portas ao diálogo.
Dende Ciudadanos amosáronse sorprendidos ante a postura que esta mañá adoptou o alcalde de Pontevedra. María Rey ten claro que este orzamento, con emendas ou sen elas, está moi lonxe de contar co seu apoio.
Con este panorama sobre a mesa, o luns podemos dicir que o debate estará moi presente nun pleno no que case con toda probabilidade non se presentarán finalmente os orzamentos para o 2017.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/oposicion_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/oposicion_orzamentos.mp4{/flowplayer}











