O concello xa ten listo o protocolo de frío

Pontevedra> Representantes de todas as entidades que forman Redeaxuda mantiveron esta mañá unha xuntanza coa concelleira de Benestar Social. O obxectivo deste encontro foi o de avaliar o feito no ano 2016 e formular as actuacións do ano que comeza. Un encontro onde destacaron o éxito dos Cómplices dos Reis Magos, onde deixaron patente que  as alertas que xorden se cobren de xeito inmediato e tamén onde anunciaron que xa está listo o protocolo de frío. 

 

O comedor de San Francisco foi lugar elixido para manter a reunión entre representantes de todas as entidades que forman redeaxuda e a concelleira de Benestar social. Un encontro que por primeira vez ten lugar fora das dependencias municipais.  Carmen Fouces quixo destacar a boa sintonía entre as entidades de redeaxuda o que permite afrontar con celeridade e eficiencia as demandas sociais que atenden. Destacou entre outras, o éxito dos cómplices dos reis magos. 

A concelleira tamén destacou que os representantes das entidades de Redeaxuda coincidiron a hora de sinalar que no último ano notaron un crecemento de usuarios. En relación ao balance do 2016 faloi de cartos, preto de 6000 euros recollidos de doazóns e 10 mil kilos de alimentos recollidos en diferentes actos solidarios. 

A concelleira tamén lembrou que o protocolo de frío está organizado pero non activado posto que os albergues non están cheos. Carmen Fouces dixo que nestes días onde se anuncian que baixarán notablemente as temperaturas dende o concello visitarán as 16 persoas sen fogar da cidade para ofrecerlles a posibilidade, unha vez máis, de durmir baixo teito. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/redeaxuda_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/redeaxuda.mp4{/flowplayer}