Costas presenta o concello a senda peonil que une Pontevedra con Marín

Pontevedra> Parece que un dos desexos do concelleiro de Infraestructuras en Pontevedra se volve realidade. Costas ven de remitir ao concello o proxecto do primeiro tramo do paseo peonil entre Pontevedra e Marín. Unha infraestrutura que contará cun investimento de 2,6 millóns de euros e que dende o Goberno Local agardan que este rematada para o vindeiro 2018. 

 

No balance do 2016 Mosquera falaba dos seus desexos para este ano. Un deles a conexión peonil entre Pontevedra e Marin, non contaba que chegara tan cedo pero Costas ven de remitir ao concello o proxecto do primeiro tramo desta infraestructura. Serán dous quilómetros de trazado entre Mollabao e a pasarela de Praceres. 

Este primeiro tramo dará continuidade ao paseo que parte de Pontevedra e tamén á pasarela peonil que se inicia nos Praceres e que utilizan habitualmente as mariscadoras. 

O tramo inicial, que parte de Mollabao terá o mesmo aspecto estético que o actual paseo pola avenida de Marín. Contará cun ancho de 4.5 metros e dispoñerá de senda peonil e carril bici. O segundo tramo contará cun ancho de 2,5 metros e aí terán que convivir peóns e ciclistas. Trátase dunha obra de preto de 2 quilómetros, que contará con 2.6 millóns de euros de inversión e 9 meses de prazo de execución, co cal, dende o concello agardan que esté rematada no segundo semestre do vindeiro 2018. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/paseo_marin_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/paseo_marin.mp4{/flowplayer}