POBRA> O buque en cuestión, o Montelape, con bandeira da república de El Salvador, arribou ó peirao pobrense procedente de Abiyán, en Costa de Marfil. A Policía Nacional, corpo encargado dos asuntos de emigración na comarca, axudada pola Garda Civil, encárganse agora da investigación coa finalidade de esclarecer todo o acontecido. As primeiras hipóteses apuntan a que o home, cuxo corpo sen vida foi atopado esta mañá xunto á caixa de cadeas do barco, puido morrer a consecuencia dunha hipotermia, despois dunha longa viaxe dende as costas africanas. Ó levantamento do cadáver producíase ó mediodía para ser trasladalo posteriormente a Santiago, onde estaba previsto realizarlle a autopsia.
Inicio Barbanza - Muros - Noia