Os nenos serán os grandes protagonistas do entroido noiés

NOIA> A pesar de non retomar por completo a programación de entroido previa á pandemia, o concello de Noia organizou un bo número de actividades para que os cativos, e non tan cativos, poidan disfrutar destas datas. Darán comezo este venres coa animación de rúa a cargo da charanga e o sábado terá lugar o concurso de disfraces infantil cun formato especial.

A cita que seguirá sen retomarse este ano será o rali París – Dakar posto que a maioría de grupos e comparsas participantes non prepararon actuacións nin traxes ante a incerteza da evolución da pandemia.

O luns e o martes, o claustro do concello acollerá obradoiros infantís de entroido para os que non será preciso inscribirse previamente. Os festexos rematará o mércores de cinza co enterro da sardiña que part´ria ás oito e meida da tarde da rúa do Curro.