A Pobra conta cun novo parque infantil cuberto no Camiño Ancho

POBRA> A actuación foi posible grazas a unha axuda da Xunta por un importe de máis de 40 mil euros, con cargo á orde de infraestruturas de uso público.

A Pobra do Caramiñal xa dispón dun parque infantil cuberto. Está situado nas antigas instalacións da escola do Camiño Ancho. A actuación foi posible grazas a unha achega da Xunta, duns 40 mil euros, con cargo á orde de infraestruturas de uso público.

Para comprobar o resultado das obras, desprazouse ata o lugar a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, quen destacou a importancia da colaboración entre a administracións para a realización de obras coma esta que contribúan ó benestar dos veciños.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, aproveitou tamén a visita da directora xeral de Administración Local para trasladarlle varias solicitudes, entre elas a compra dun novo vehículo para a Policía Local.

Posteriormente desprazouse tamén ata o polígono industrial da Tomada para visitar alí a canceira municipal. Unha actuación iniciada en 2018 cunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental de más de 64 mil euros e que poderá ser agora ampliada con outra achega semellante con cargo tamén a eses fondos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí