O concello de Boiro ratifica a súa aposta pola nova sede para o Club de Remo

BOIRO> Cabo de Cruz contará cun novo club de Remo. O alcalde de Boiro volveu ratificar o seu compromiso coa entidade deportiva. Ademais da construción da nova sede, o club recibiu este ano máis de cincuenta mil euros en subvencións. O novo centro do club de Remo suporá un investimento dun millóns de euros. O retraso na construción do inmoble débese ó longo proceso de tramitación. Tal e como explicou o alcalde foi preciso reducir a servidume de Costas e elaborar un plan de usos portuarios. Dado que o procedemento administrativo aínda non concluíu, o executivo optou por destinar parte da partida consignada a este centro á dotación de servizos básicos. Queda unha reserva de seiscentos mil euros á espera de que concluían os trámites e se proceda a licitar o proxecto en futuros exercicios. O alcalde criticou a polémica infundada que xurdiu en torno a este proxecto que xa o PP levaba no seu programa electoral.