Non haberá reforma no porto de Portonovo nesta lexislatura segundo Telmo Martín

    SANXENXO> O voceiro do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín convocou aos medios, para afirmar que o actual goberno de Sanxenxo, enganou aos veciños de Portonovo, ao prometerlles unha reforma do porto, que segundo Martín non será posible realizar nesta lexislatura. 

     

     Portonovo non terá unha reforma no seu porto, a lo menos nesta lexislatura. Así o expresou esta mañá en rolda de prensa o voceiro popular en Sanxenxo, Telmo Martín. 

    Segundo Martín, o alcalde Gonzalo Pita en campaña prometía a reforma do porto. Unha promesa que dende as filas populares, xa advertiron que non sería posible. 

    Segundo Telmo Martín non sabe que é peor; non coñecer este dato, ou coñecelo e actuar coma se nada, enganando aos cidadáns. Por iso dende o PP teñen unha mensaxe clara para os veciños de Portonovo. 

    Para Telmo Martín este tipo de promesas só se fan ca única finalidade de conseguir votos. Martín afirmou que si os membros do tripartito tivesen decencia política retiraríanse. Os populares de Sanxenxo manteñen, unha vez máis, que a xestión da vila por parte do cuatripartito é un fiasco. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/telmo_portonovo_engano_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/telmo_portonovo_engano.mp4{/flowplayer}