Cambados avanza cara a apertura nova rúa Pacheca

AQUÍ VAI O SUTÍTULO

CAMBADOS> Cambados avanza para abrir a nova rúa en A Pacheca. O concello ten previsto levar ao pleno deste mes o plan especial para abrir e urbanizar o vial, que conectará A Pacheca con O Castro, no entorno da Pastora. As obras están a afectar a 17 veciños, cos que o goberno local busca a vía amigable.

Case dous anos despois do inicio das xestións, o concello avanza no seu proxecto para a nova rúa en A Pacheca. Tras superar o trámite de avaliación ambiental estratéxica da Xunta, o goberno local agarda levar ao pleno deste mes o plan especial para poder abrir e urbanizar o novo vial entre A Pacheca e O Castro.

A obra actuará en 157 metros repartidos entre solo rústico e urbanizable, para construír un vial dun só sentido de circulación de dez metros de ancho con beirarrúas de metro e medio a cada lado. Os traballos afectan a 17 veciños do entorno, cos que o concello de Cambados quere recorrer á vía amigable.

Actualmente, o concello aínda está pendente de chegar a acordo con dous veciños. Un deles cun galpón nunha finca urbanizable.

Segundo o edil de obras, a intención do goberno local é ter toda a tramitación urbanística necesaria ao longo do 2018.