Vilagarcía estrea cuño turístico co que identificar envíos postais

    VILAGARCÍA>

     

    Desde hoxe, todos os que acudan á oficina de Correos de Vilagarcía para realizar os seus envíos postais poderán solicitar que os selen cun cuño ‘autóctono’. O ente público vén de emitir un novo mataselo turístico coa capital arousana como protagonista. Nel figura o edificio do concello.

     

     

    Filatélicos, clientes e turistas que visiten Vilagarcía de Arousa poden desde hoxe realizar os seus envíos postais de xeito máis ‘personalizado’. Correos vén de estrear un novo cuño turístico coa capital de Arousa como protagonista.

     

    Esta non é a primeira vez que Correos escolle a Vilagarcía como inspiración para estampar nos seus cuños.

     

    Vilagarcía súmase así ás outras nove localidades galegas que contan con este identificador postal, tres delas na provincia de Pontevedra: Sanxenxo, Vigo e Tui. Ademais das catro capitais provinciais.

     

    Nivel de poboación ou atractivo turístico son algúns dos criterios que segue Correos para seleccionar ós municipios con cuño propio, aínda que calquera concello ou asociación filatélica pode contar cun selo conmemorativo se así o solicita.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/18/matasellosvilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/18/MATASELLOS_CONCELLO_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}