Fomento e Concello enténdense sobre as incidencias das obras do AVE

PONTEVEDRA> O Ministerio de Fomento cumpriu o seu compromiso de diálogo mensual co Concello de Pontevedra respecto á afectación das obras do AVE, tal e como se puxo de manifesto ca celebración dunha xuntanza esta mañá entre representantes do Consistorio e da Subdelegación do Goberno. Queda así demostrado na práctica que xa hai entendemento pleno entrámbalas dúas institucións. Fai un mes, o Secretario de Estado en Infraestructuras visitaba Pontevedra para reunirse con representantes do Concello para procurar a continuidade das obras do AVE por esta Cidade. Esta fora a represalia que adoptara o Goberno Local logo de que o Goberno Central e a empresa adxudicataria levase oito meses desoíndo e sen comunicarse nin co Concello nin cos afectados sobre a afectación das obras. Daquela pactaron manter unha reunión mensual na que ir tratando regularmente os problemas xurdidos con esta importante actuación; unha xuntanza que chegaba hoxe e da que o edil de infraestructuras pontevedrés, Cesar Mosquera, non puido saír máis satisfeito. Nesta reunión, amais de constatar como se solucionaron a meirande parte dos problemas, tamén abordaron futuras solucións precisas por onde pasa a liña do AVE. Mosquera recoñece que o tema das Pontes non é doado polo custe que supoñen e pola súa afectación patrimonial e ás comunicacións. Con todo, adianta que co clima actual de entendemento as solucións virán rodadas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/MOSQUERA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/MOSQUERA_REUNION_AVE.mp4{/flowplayer}