Pontevedra> O Teatro Principal de Pontevedra vestiuse de longo nesta xornada para celebrar, neste día de San Sebastián, a entrega dos premios Cidade de Pontevedra. Un acto emotivo onde os galardoados , Ánxela Paz e o Colexio de Avogados, tiveron o seu tempo para facer un percorrido pola súa historia e vinculación coa cidade. Ánxela Paz adicoulle o premio ás mulleres loitadoras, e en especial a súa na, e no caso do colexio a mención especial foi a todos os avogados que ofrecen o seu tempo a axudar os que máis o precisan.
Moita emoción foi a que se respirou esta mañá no Teatro Principal coa entrega dos premios cidade de Pontevedra. Uns galardóns que este ano recaeron na persoa física en Anxela paz.
E na persoa xurídica no colexio de avogados de Pontevedra.
No seu discurso, reividicativo e moi bonito, Ánxela Paz quixo adicarllo a todas as mulleres, loitadas, que están débiles pero non esgotadas de loitar. Un premio que lle quixo adicar especialmente a súa nai.
Pola súa banda, o presidente do colexio de avogados de Pontevedra, quixo adicarlle o premio a todos os letrados que fan posible que a xustiza sexa igual para todos.
O alcalde dixo que estes dous premiados tiña moito en común, e algo que é todavía máis importante, o compromiso social. Un acto que rematou coa entrega dun debuxo nunha cartulina vermella no que se simbolizaba un corazón por parte dos premiados á corporación e coa interpretación do Himno Galego a cargo da agrupación Os de Algures.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/premios_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/premios_pontevedra.mp4{/flowplayer}