Posta a punto do Plan Revitaliza

Pontevedra>Preto de 30 concellos se adheriron ao Plan Revitaliza que lanzan dende a Deputación de Pontevedra. Un plan mediante o cal os municipios se comprometen a que en 4 anos o 75 por cento dos residuos que produzan irán destinados á compostaxe. Unha medida que aforraría 140 quilos de CO2 por habitante ao ano.

Orgulloso se amosou esta mañá o vicepresidente da Deputación cos primeiros froitos das horas do Príncipe Felipe abonadas ao 100 por 100 co compost. 

O vicepresidente tamén anunciou que ata o momento foron preto de 30 concellos os que se adheriron ao  Plan Revitaliza que ten como obxectivo potenciar a compostaxe e que amosa o compromiso destes municipios de diferente cor política. 

En relación á compostaxe Moquera tamén presentou unha serie de datos en relación á emisión de CO2. O vicepresidente puxo sobre a mesa que se se utiliza este sistema de reciclaxe aforraríamos a metade de CO2, un total de 140 quilos por habitante ao ano. 

Dende a vicepresidencia non pechan as portas a ningún concello para unirse ao Plan Revitaliza aínda que saben que cos medios que teñen na actualidade darlle servizo a 30 concellos é, de momento, máis que suficiente. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/mosquera_revitaliza_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/mosquera_revitaliza.mp4{/flowplayer}