Boiro homenaxea á xogadora internacional de rugbi Vanessa Rial

    BOIRO> Trátase da primeira boirense en disputar un xogos olímpicos. Por sorpresa, visiblemente emocionada, Vanessa Rial, recibiu esta fin de semana a homenaxe de todo o pobo de Boiro como premio á súa traxectoria deportiva. Unha homenaxe máis que merecida. Trátase dunha das xogadoras máis laureadas da historia do rugbi en España e a primeira deportista do municipio en participar nuns xogos olímpicos. Fíxoo nos pasados xogos de Río, onde acadou diploma olímpico polo sétimo posto acadado. Acompañada da súa familia e amigos, que a quixeron arroupar nun día tan especial para ela, recibiu de mans do alcalde, Xoán Xosé Dieste, unha placa conmemorativa. No seu palmarés varios campionatos de España e participacións co combinado nacional en varios campionatos de Europa e do Mundo. Posteriormente descubriu tamén a súa fotografía no mural de deportistas ilustres que co tempo figurarán no pavillón municipal da Cachada. A carón doutro deportista ilustre. O xogador de voleibol Pablo Bugallo.