Un roteiro cultural pola Pobra para conmemorar o Día dos Monumentos

A POBRA> O concello da Pobra volverá organizar unha andaina cultural polo Día Internacional dos Monumentos. Será este domingo día 16 e percorrerá os puntos máis emblemáticos do patrimonio local pobrense

Por segundo ano consecutivo, o departamento de cultura da Pobra volve organizar unha andaina para conmemorar o Día Internacional dos Museos co fin de divulgar o patrimonio local e  dar a coñecer os espazos relacionados co ronsel valleinclaniano. A ruta, guiada polo director do museo Valle-Inclán, Antonio González, sairá ás once e media da mañá do núcleo do Xobre.

A actividade é de balde pero é preciso inscribirse previamente no museo pobrense ou no teléfono 981831662.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí