As Amas de Casa de Ribeira volverán homenaxear ós maiores cunha chocolatada

RIBEIRA> A Asociación de Amas de Casa de Ribeira volverá homenaxear ós maiores do municipio cunha xornada de confraternidade. Será o domingo día 9 cunha chocolatada e posterior baile no restaurante Baiuca.

Este xoves abre o prazo para retirar as invitacións á Homenaxe ós Maiores que organiza cada ano a Asociación de Amas de Casa de Ribeira. Será o domingo día 9 a partir das 5 da tarde no restaurante Baiuca. 

Os asistentes poderán degustar chocolate quente acompañado de churros e rosca coa animación musical de Dani DJ.  Ademais se habilitará un autobús para o traslado dos asistentes que sairá ás catro e media da parada central.

A entrada é de balde pero é preciso retirar invitación. Poderá facerse no local da asociación de amas de casa en horario de  dez e media da mañá a unha da tarde.