Aperece o cadáver dun indixente nos portais dun baixo comercial en Boiro

    BOIRO> O falecido, que foi identificado coma Ricardo Pérez Basichi, tiña 59 anos e era veciño de Escarabote. Os veciños da urbanización Proimbarsa, en pleno centro de Boiro, leváronse un bo susto coa aparición dun cadáver no portal dun dos baixos existentes na zona, hoxe sen actividade. O falecido era un indixente, Ricardo Pérez Basichi, ó parecer veciño de Escarabote. Á espera do ditame da autopsia que lle foi practicada no Hospital de Conxo en Santiago para coñecer as posibles causas do falecemento, todo apunta a que puido deberse a causas naturais, xa que non había signos aparentes de violencia . O máis probable é que se debera a unha hemorraxia interna, xa que xunto ó seu corpo apareceu unha gran mancha de sangue.