O BNG do Barbanza pide unha taxa municipal para as empresas de enerxía

    O BNG está presentando en tódolos concellos galegos unha moción coa que se pretende que as empresas titulares de instalación e transporte de enerxía paguen unha taxa municipal polo uso do chan de dominio público. Na comarca do Barbanza este xoves debatiráse no pleno en varios concellos.  

     

     

    Pero agora o Tribunal Supremo vén de ditar varias setenzas nas que apoia que os concellos poidan cobrar estas taxas polo úso público local destas empresas titulares de enerxía. Segundo estes fallos xudiciais a cuota que deben abonar estas compañías sitúase entre os 3.000 e os 12.000 euros por metro lineal no caso das canalizacións eléctricas, segundo se trate de instalación de baixa, media ou alta tensión. En canto ás de gas, o cobro oscilaría entre os 500 e os 4.000 euros.  Por iso, o BNG do Barbanza, así como están a facer os nacionalisats en toda a comunidade, pediu esta tarde en Boiro, que os gobernos locais da comarca inicien as xestións para a creación deste novo imposto municipal.  Este próximo xoves, nos plenos da Pobra, Boiro e Rianxo os concelleiros do BNG destes municipios presentaránesta moción para o seu debate, o mesmo que farán os nacionalsitas ribeirenses cando teña lugar o pleno concello.