As facturas fan temblar ós fogares nos días máis fríos do ano

    POBRA> O recibo da luz subiu este mes un 28 por cento. O prezo das facturas está acadando máximos históricos durante os días máis fríos do ano, unha situación que desborda a milleiros de familias nas nosas comarcas.

     

    Máximos históricos nos termómetros, e tamén nos recibos da luz. Os incrementos das últimas semanas no mercado maiorista de electricidade non entende de onda de frío, e moito menos, de pobreza enerxética. As familias pagarán un 28 por cento máis na súa factura da luz só polos 21 primeiros días de xaneiro, segundo cálculos realizados pola Axencia Provincial de Enerxía. Unha familia media pagará case 50 euros polos primeiros 21 días de xaneiro, a diferenza dos 39 euros que pagou o ano pasado. Uns números que fan tiritar a moitos fogares. O prezo do gas ou as condicións meteorolóxicas son algúns dos motivos que se atribúen ás fortes subas…explicacións que non chegan para cubrir o frío. Por decisión do goberno, o mercado maiorista de electricidade, determina un tercio da factura da luz dos consumidores. Desde o día 1 de xaneiro, o encarecemento foi dun 55 por cento. Aínda que a fin de semana parecía que a tendencia era descendente,cuns 72 euros o megavatio hora no día de onte, un 8 por cento menos que o día anterior, este luns volvemos superar a terceira referencia máis alta no que vai de ano, con previsión de chegar ó máximo de 97,67 euros megavatio hora. Cando o prezo medio anual no 2016 non acadou os 40 euros megavatio hora. Éstes están sendos os presos máis elevados desde decembro de 2013.