O nacionalismo reúnese en Rianxo ao redor de Castelao

    RIANXO> O galeguismo será o protagonista esta fin de semana en Rianxo. O Partido Galeguista reunirá o sábado e o domingo na vila a representantes de todas as forzas políticas de tendencia nacionalista. Ademais dun encontro de irmandade, o programa de actos será unha homenaxe a Castelao. Tamén asistirán representantes do Partido Nacionalista Vasco.

     

    Cen anos despois da fundación das Irmandades da Fala, o Partido Galeguista quere reivindicar o seu espírito. Esta fin de semana a organización prepara un programa de actividades en Rianxo dirixidas a exaltar o galeguismo, coa figura de Castelao como eixo central.

    Os actos continuarán o domingo, desta volta cunha homenaxe ao célebre galeguista diante do busto que ten en Rianxo. Unha celebración á que asistirán todas as forzas políticas de tendencia nacionalista.

    Para o Partido Galeguista, esta proposta funciona como un encontro de irmandade nacionalista, que se une ao redor dunha figura tan importante como Castelao.

    A formación agarda que os dous actos teñan unha boa acollida entre o público.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/actos_rianxo_castelao_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/actos_rianxo_castelao.mp4{/flowplayer}