RIBEIRA> Fran Sieira presentará en Ribeira o seu novo espectáculo ‘BenQuerer’, un só de danza con música en directo que aborda o autocoidado emocional. O próximo xoves sairán a venda as entradas para a actuación que terá lugar o 2 de maio no auditorio ribeirense.
O artista ribeirense Fran Sieira volverá ser profeta na súa terra coa estrea do espectáculo BenQuerer no auditorio municipal o próximo dous de maio. O bailarín que adoita estar acompañado dun nutrido corpo de baile, sairá desta volta a escena solo acompañado unicamente polo dúo musical Caamaño e Ameixeiras.
Ademais dunha fonda reflexión sobre a autoesixencia e o coidado emocional este espectáculo pretende romper barreiras incorporando recursos para que as persoas con discapacidade visual ou auditiva poidan conectar con el.
As entradas sairán á venda este xoves ás nove da mañá tanto no portal www.ataquilla.es como na oficina de atención cidadá do concello. O prezo é de catro euros e medio.











