O executivo boirense aproba inicialmente os orzamentos municipais para este ano

    BOIRO> O documento saiu adiante unicamente cos votos favorables do equipo de goberno. Tensa e polémica. Así se caracterizou a sesión plenaria celebrada onte pola noite pola corporación boirense. Especialmente polo cruce de acusacións e ataques persoais entre o alcalde, Xoán Xosé Dieste, e o voceiro de Iniciativa Cidadá, Manuel Velo. A debate a aprobación inicial dos orzamentos municipais para este ano 2017 que ascenden á cifra de 14’1 millóns de euros. Dende o grupo de goberno considéranse un presupostos equilibrados, froito dunha boa xestión levada a cabo estes anos e que buscan fundamentalmente a contención do gasto. Na oposición coincidiron ó sinalar que se trata dun presuposto continuista, no que se ve unha falla total de planificación, nada participativo e falto de transparencia e cunha escasa partida destinada á emerxencia social. O punto saiu adiante cos votos a favor do equipo de goberno, o Partido Popular, e os votos en contra do resto de grupos da oposición: Ciudadanos, Boiro Novo, Iniciativa Cidadá, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego.