Ribeira contará cun segundo parque canino en Cubeliños

RIBEIRA> A Xunta de Galicia dotará a Ribeira dun segundo parque canino.

Este mañá a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, María sampedro, oficializaban o acordo de colaboración que permitirá a súa construción, a través do cal, o Concello pon a disposición dos terreos necesarios para a súa instalación, nunha parcela de titularidade municipal en Cubeliños, de aproximadamente uns dous mil metros cadrados de superficie.

Dende o Concello agradeceron a rápida resposta por parte da Xunta despois de trasladarlle  a súa solicitude, de poder contar cun novo espazo acondicionado para as mascotas.

As previsións que manexa a Xunta de Galicia é que as obras poidan iniciarse nos próximos meses co fin de que o parque canino poida estar xa operativo antes de finais de ano.