Música pola dignidade dos refuxiados

    RIBEIRA> A Plataforma “Somos Humanas. Somos Refuxio” organiza un acto este domingo co obxectivo de conseguir fondos para axudar ós milleiros de refuxiados que perden todo por escapar do terror das guerras. Esta mañá na presentación do acto convidaron á cidadanía, pero tamén a asociacións e partido políticos a participar no evento.

     

    “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas,pode cambiar o mundo” É a frase do escritor Eduardo Galeano, que recolle a mensaxe que “Somos Humanas, Somos Refuxio”, que lanzar ó mundo. Formada por un grupo de persoas, de diferentes ámbitos sociais da comarca do Barbanza, esta plataforma busca a solidariedade cos refuxiados de guerra. A Plataforma quere mellorar as condicións de vida, aínda que sexa minimamente, dos milleiros de persoas que están en campos de refuxiados en Europa, e que empeoraron dramáticamente nas últimas semanas pola dura situación meterolóxica que teñen que soportar. Consideran desde Somos Humanas Somo Refuxio, que os gobernos de occidente crearon os problemas que hoxe obrigan a tantas familias a fuxir dos seus países. Polo tanto cren que a cidadanía debe concienciarse, sobretodo, pola nosa condición de emigrantes. E por iso, unha das actividades coas que nos dan a posibilidade de colaborar con esta causa terá lugar este domingo. Un Encontro Cultural Pro Refuxiados, que contará con actuacións musicais de artistas como Cris Román ou Marta Pedrosa, teatro, pintura..e que estará presentado por Quico Cadaval. A gala solidaria será no Auditorio de Ribeira,ás seis da tarde. Ademáis de axudar coa entrada do acto, tamén se poderán mercar camisetas, participar no sorteo dun cadro de Manu Mimé ou realizar aprotacións económicas. Todo o recadado irá destinado a oenegués que en campos de refuxiados gregos ou franceses que traballan por recuperar a dignidade de milleiros de familias.

     

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/somos_refuxiados_plataforma_310120171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/somos_refuxiados_plataforma_31012017.mp4{/flowplayer}