Ana Peleteiro será nomeada filla predilecta de Ribeira

RIBEIRA> A corporación municipal aprobaba onte pola noite por unanimidade de tódolos grupos a proposta.

Tal e como cabía agardar, a corporación municipal apoiou por unanimidade a proposta de nomear a atleta Ana Peleteiro, coma  filla predilecta de Ribeira. O alcalde, Manuel Ruiz, deu conta da decisión ó comezo da sesión extraordinaria celebrada onte.

O rexedor destacou que, ademais dos méritos deportivos, a atleta, que vén de acadar a medalla de bronce na final de triple salto nos Xogos Olímpicos de Tokio, con récord de España incluído, simboliza a imaxe da Ribeira que se quere dar: tolerante, multirracial, multicultural e cosmopolita.