A Deputación colaborará coa programación de Cambados Cidade Europea do Viño

    CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra colaborará co concello de Cambados no programa de actividades deseñado para conmemorar o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. 

     

    O Pazo Provincial en Pontevedra foi o lugar elixido para manter a primeira reunión entre Deputación e concello de Cambados co motivo da celebración das actividades conmemorativos, polo recente nomeamento da vila do albariño, como Cidade Europea do Viño2017. 

    A presidenta afirmou na súa comparecencia a importancia de que as administracións colaboren neste tipo de iniciativas. 

    Promoción, difusión, colaboración e investimentos, son os piares sobre os que se sustentará a colaboración da Deputación de Pontevedra para sacar a diante a programación das actividades da Cidade Europea do Viño 2017. 

    A Gala Inaugural que se celebrará o vindeiro 25 de marzo ou a celebración do Festival Rías Baixas en Cambados, constituíron as dúas grandes novidades de esta programación. 

    Na reunión participaron a presidenta, Carmela Silva, o deputado de Turismo, Santos Héctor, e alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, xunto co edil de Enoturismo do municipio, José Ramón Abal. Nesta primeira toma de contacto comezaron a perfilar as colaboracións, aínda que sinalaron que a concreción das mesmas, virán en sucesivas reunións, e a firma do convenio entre as dúas administracións. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/deputacion_carmela_fatima_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/deputacion_carmela_fatima_cambados.mp4{/flowplayer}