Pontevedra> Un ano máis chega ao Teatro Principal o ciclo Butaca da Banda Municipal de Música de Pontevedra. Unha cita que se inaugurará este xoves ás nove da noite co concerto de Colaxe Folclórica. Ata finais de abril poderán desfrutar deste ciclo que como cada no as súas entradas serán de balde ata completar aforo.
O ciclo de butaca 2017 da Banda Municipal de Música de Pontevedra chega un ano máis ao Teatro Principal. O obxectivo principal que busca esta cita é o de aumentar a afluencia de público ano tras ano.
Un ciclo que comezará este xoves ás nove da noite coa colaxe folclórica. A aposta da Banda Municipal de música pasa por organizar concertos para toda a familia e outros para un público máis específico.
Os concertos terá lugar este xoves 2 e o 16 de febrero, en marzo os días 9 e 23 e en abril o 6 e o 27. Todos serán de balde ata completar o aforo. E dende a Banda Municipal de Música xa anunciaron que está organizando un concerto moi especial que terá lugar no Pazo da Cultura no que se celebrarán os 20 anos de historia desta Banda na cidade.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/ciclo_butaca_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/ciclo_butaca.mp4{/flowplayer}