Moreira reunirase coas asociacións da cidade para expoñerlles o plan de axudas de ENCE

Pontevedra> O líder dos populares pontevedrés manterá mañá na Casa das Campás un encontro con preto de 30 asociacións da cidade co fin de informarse das axudas que lanzan dende ENCE en materia social. Moreira non entende porqué o Goberno Local non se para a informar aos veciños desta medida xa que considera que hai moitas entidades que non dispoñen da información necesaria para poder optar a estas axudas.

 

Mañá mércores 1 de febreiro Jacobo Moreira manterá un encontro con preto de 30 asociacións da cidade co fin de explicarlles a axuda en materia social que lanzan dende ENCE cun investimento de 3 millóns de euros anuais. O líder do PP considera que o Goberno Local non está informando aos seus veciños destas axudas e que por iso son eles os que irán a este encontro con toda a información que precisen. 

Dende o Partido Popular criticaron a postura que nesta materia adopotou o Goberno Local chegando a calificar que é do xénero parvo que o BNG vete o acceso a estas axudas dos veciños. 

Jacobo Moreira tamén falou do seu futuro no Parlamento Galego, dixo que se sentía moi agradecido de volver ao hemiciclo onde poderá defender a súa provincia. En relación á Deputación, no verán pasaría a ser él un dos voceiros do PP, dixo que será o partido o que decida quen substituirá a Ángel Moldes xa que él non poderá estar no Pazo Provincial debido as súas labores como deputado no Parlamento galego. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/moreira_ence_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/moreira_ence.mp4{/flowplayer}