Porto do Son avanza cara o saneamento integral do concello

erradicacionvertidosportodoson.jpgPORTO DO SON> O executivo sonense conseguiu erradicar en pouco máis dun ano trinta puntos de vertido tanto á ría de Muros-Noia como ós ríos do municipio.

{flowplayer}barbanza/erradicacionvertidosportodoson.flv{/flowplayer}

Cando o bipartito accedeu ó goberno municipal de Porto do Son existían un total de corenta e un vertidos sen control en todo o municipio. Na actualidade, segundo o informe elaborado esta semana pola Xunta de Galicia, o número reduciuse ata once; dez tendo en conta que un é competencia do executivo noiés.

Futuras depuradoras

O obxectivo agora é eliminar por completo estes focos contaminantes. Un deles desaparecerá coa posta en marcha da depuradora de Orellán e outros catro que verten á ría están a expensas de que se resolva a ubicación para desbloquear a depuradora de Queiruga e Baroña. A este respecto o alcalde informou das catas realizadas a pasada semana por Augas de Galicia para determinar o mellor emprazamento e a colocación dos puntos de bombeo.

O resto dos vertidos pendentes teñen fácil solución posto que son de orixe doméstica, procedentes na súa maioría de fosas sépticas mal colocadas.

A aposta medioambiental do concello para conseguir o saneamento integral pasa por un sistema de depuración máis racional e economicamente sostible adaptado ás características do entorno.

Redacción Barbanza